CRTVG

Buscar

Exitosa acollida da produción galega na Feira do Libro de Bos Aires

Publicado o 05/05/2018 15:34

Na Arxentina, estes días puidemos comprobara  exitosa acollida que tivo a produción literaria galega na Feira do Libro de Bos Aires... Cristina Terceiro.

O conselleiro, Román Rodríguez, percorreu a Feira Internacional do Libro de Bos Aires onde  se reuniu con autoridades deste sector no país. Tamén acompañou ós autores galegos na súa presentación nun dos  eventos culturais máis importantes do mundo. 

O titular da carteira de Cultura puido coñecer en primeira persoa a boa acollida que tivo a  nosa literatura nesta 44 edición da Feira de Bos Aires. 

Román Rodríguez - Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:"A cultura galega en bos Aires está na casa e está a ter unha gran acollida tanto entre a colectividade como entre o público en xeral desta feira que é a gran feira que hai do libro a nivel internacional". 

Pór en valor o traballo daqueles autores que tenderon pontes entre Galicia e A Arxentina, foi un dos obxetivos da delegación galega, que xunto a personalidades do mundo da cultura arxentina, homenaxearon ó escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor, cando se cumpren 90 anos da publicación do seu primeiro poemario "Romances galegos", na capital riopratense, onde viviu preto de 50 anos.

A programación galega neste evento cultural suramericano de primeiro nivel estenderase ata a vindeira semana. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2018