Estudos científicos deixan conclusións contrapostas sobre a relación entre a dor e o clima
Durante os meses de inverno é frecuente escoitar moita xente queixarse de dor nos ósos e nas articulacións. Parece que o frío e a humidade empeoran este tipo de molestias, aínda que non hai evidencias científicas que demostren que exista unha relación directa.
Somos sensibles aos cambios de tempo. A maioría prefire os días luminosos e solleiros e hai quen está máis decaído nas estacións frías.
Son meses en que parece que tamén aumentan algunhas molestias físicas. Moitas persoas responsabilizan o frío e a humidade das súas dores articulares. Os expertos cren que é un problema de sofreesforzo muscular.
"Cando vai máis frío o músculo gasta máis enerxía para manterse quente e non ten tanta enerxía para despois moverse. Ademais, cando sentimos frío encollémonos e provocamos contracturas musculares", explica Alba Cons, readaptadora física.
Contra estas molestias o mellor remedio é non ficar parado.
"Se eu estou no parque e estou sentindo frío, en vez de quedar quieto é mellor mover un chisco as costas, camiñar... Cando quedas quieto estás máis desprotexido".
Os estudos científicos deixan conclusións contrapostas sobre a relación entre a dor e o tempo.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí