CRTVG

Buscar

Exhibición da Garda Civil para os escolares en Salceda de Caselas

Publicado o 18/06/2019 14:15

Escolares do CEIP Altamira, en Salceda de Caselas, asistiron a unha exhibición da Garda Civil. Case medio cento de alumnos atenderon ás explicacións dos axentes e participaron en distintas actividades. 

Efectivos de Tráfico, de Seguridade Cidadá e do Seprona dábanse cita contra as once da mañá no CEIP Altamira para levar a cabo unha exhibición baixo a atenta ollada de case medio cento de alumnos. Unha actividade que se enmarca dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

O obxectivo é achegar o seu traballo aos máis pequenos.

Os cativos puideron coller os mandos dos vehículos, empregar as mesmas ferramentas que os axentes e coñecer as actividades propias de cada corpo dos alí presentes. Xa non era a primeira vez que colaboraban co centro.

Parece que os alumnos dan o aprobado.

Dentro deste mesmo plan director tamén levan a cabo charlas temáticas, as últimas sobre a violencia de xénero ou sobre o ciberacoso. Agora toca despedirse ata que os volvan ver no próximo curso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019