CRTVG

Buscar

Exhibición da Policía Nacional para 2.000 escolares da comarca de Ferrol

Publicado o 28/05/2019 14:37

Durante toda a mañá, o polideportivo e as pistas de atletismo da Malata, en Ferrol, convertéronse no campo de operacións da Policía Nacional. Alí levaron a cabo exhibicións axentes pertencentes a unha gran cantidade de grupos especiais deste corpo de seguridade, baixo a atenta mirada de 2.000 alumnos procedentes dunha quincena de centros de Ferrol e comarca.

Os máis de 100 axentes mobilizados alí amosaron as habilidades dos cans guía na detección de diversas substancias, ensinaron o proceder para desactivar unha bomba e mesmo levaron a cabo un secuestro cunha profesora como refén. Esta actividade enmárcase dentro do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, que ten como obxectivo achegar os cativos aos axentes e facilitar a comunicación. Agora queda ver se o cumpriron...

Pero, sen dúbida, a última palabra téñena os alumnos. O ramo a esta exhibición poñeríallo a aterraxe do helicóptero da policía, para o que xa se estaban a preparar todos os alumnos nas pistas de atletismo.

Noticias web

28/05/2019