CRTVG

Buscar

Controis exhaustivos nas fronteiras abertas entre Galicia e Portugal

Publicado o 21/03/2021 14:38

Estrañas imaxes as de Tui en pandemia: a gasolineira, sempre chea, está baleira; a ponte vella precintada, e volven os vellos controis de alfándega xa esquecidos na ponte nova. As xustificacións polas que se pode circular están clarísimas, e quen nos as cumpra non pasa.

Tamén se pode circular por motivos educativos xustificados. Porén, esta mañá tiveron que dar a volta unha parella de residentes en Vigo aínda que a muller era portuguesa, un autobús que ía ao Sá Carneiro que tivo que deixar un pasaxeiro en Tui porque non tiña xustificante e mesmo unha muller que tiña en Portugal unha entrevista de traballo porque só se pode ir para traballar.

Todas a localidades fronteirizas sofren estas restricións que fan perder en moitos sectores o 60 % dos ingresos.

O alcalde de Tui di que a ponte vella era unha rúa máis da eurocidade e bota en falta outro tipo de medidas que non afoguen tanto a circulación transfronteiriza

Mentres iso non ocorra moitos seguen botando contas de cando volverán pasar libremente dun lado ao outro da raia.

Noticias web

21/03/2021