CRTVG

Buscar

Exeria volve ao castro de Santa Trega para contar a súa historia en primeira persoa

Publicado o 25/08/2021 21:11

A viaxe de Exeria ao castro traslada os asistentes a unha época en que este poboado estaba practicamente baleiro. Despois de anos percorrendo oriente, Exeria volve chea de novas ideas e proxectos, e un deles é converter o lugar nunha vila moderna.

Exeria foi unha peregrina do século IV que trouxo á Península Ibérica o culto a santa Trega. Era unha muller dunha familia nobre da Gallaecia. A súa viaxe a Xerusalén quedou descrita nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media, estes escritos foron compilados por un monxe da abadía de Montecasino.

E como toda boa historia, non falta a música. Luis Caruncho, músico: "Eu o que fago é de bardo que vai ambientando a obra con percusións ou con poemas de autores galegos que teñen que ver co ambiente ou co que se fala".

A obra rematou oficialmente este mércores, pero os aprazamentos pola covid fixeron que aínda queden dúas sesións para o mes de setembro.

Noticias web

25/08/2021