CRTVG

Buscar

Exemplo de deportividade do Fervenza de fútbol sala

Publicado o 18/01/2021 20:38

No Comarcal a Fervenza contra o Intersala tivemos un enorme exemplo de deportividade. Unha xogadora do cadro salmantino quedou mancada no chan tras unha entrada. A acción continuou e rematou en gol do cadro de Narón. Tras interesarse polo estado da xogadora mancada, no cadro galego decidiron deixar que o cadro rival marcara. Boa acción da Fervenza, que ademais levou o partido por 7 a 3 e sumou o primeiro triunfo deste 2021 na Segunda División. 

Noticias web

18/01/2021