EXECUTIVA CIUDADANOS MOVEMENTOS
Á entrada da executiva do partido, Toni Cantó optaba polo silencio. Nos últimos días, xa amosara o seu descontento coa dirección e os argumentos que escoitou hoxe non o convenceron. Por iso, o ata agora coordinador de Ciudadanos na Comunidade Valenciana decidiu abandonar o partido e asegura que entregará a súa acta de deputado no Parlamento autonómico.
Toni Cantó Ex-coordinador de Ciudadanos na Comunidade Valenciana
Inés Arrimadas non é capaz de conter unha crise que sitúa o partido ao bordo do abismo. Ofrécelles a dirixentes territoriais, como os de Madrid ou Andalucía, incorporarse á executiva permanente do partido.
Tamén aparta dous dos vicesecretarios, Carlos Cuadrado e José María Espejo, a quen moitos responsabilizan da moción en Murcia, unha moción da que hoxe se desmarcaba Ferraz.
José Luis Ábalos Secretario de Organización do PSOE
Mentres tanto, segue a fuxida de cargos cara ao PP. Un dos últimos, o que fora secretario de Organización do partido.
Fran Hervías exsecretario de Organización de Ciudadanos
E hoxe soúbose que outros seis dirixentes do partido no País Vasco acaban de afiliarse ao PP.