CRTVG

Buscar

Ex altos cargos da Generalitat entregan as fianzas no Tribunal de Contas

Publicado o 22/07/2021 14:50
Ex altos cargos da Generalitat entregan as fianzas no Tribunal de Contas

No Tribunal de Contas segue o proceso de embargo a 34 ex altos cargos da Generalitat por gastos indebidos relacionados co procés entre 2011 e 2017: máis de cinco millóns de euros.

O Goberno catalán está intentando evitalo e acordou avalalos con diñeiro público. Esta mañá comezaron a depositar as fianzas pero hai dúbidas xurídicas sobre esa fórmula e de feito a oposición xa anunciou un recurso de inconstitucionalidade. No Goberno central tamén estudan se os avais son legais e encargaron un informe ao Consello de Garantías Estaturias.
 

Noticias web

22/07/2021