CRTVG

Buscar

Evolucionan favorablemente os feridos no atropelo múltiple de Vigo

Publicado o 10/10/2019 20:18

O desmaio do condutor deste vehículo ocasionou o atropelo múltiple en que resultaron feridas oito persoas. O atestado policial recolle que, segundo a muller que ía de copiloto, circulaban amodo porque viñan de dar un paseo, e o condutor perdeu a consciencia de súpeto. O vehículo circulou sen control levando por diante unha muller á que lanzou contra dúas motocicletas aparcadas. Logo chocou contra unha familia que ía cruzar cun carrito e os dous cativos e bateu contra un semáforo ata estamparse finalmente contra unha árbore. Os catro ocupantes quedaron tamén feridos.

O condutor de 77 anos, non lembraba nada. Tanto el coma os seus acompañantes foron trasladados a centros hospitalarios. En total, oito feridos, que evolucionan favorablemente das súas lesións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019