Evoluciona favorablemente a anciá de Ourol que hai cinco días foi rescatada do incendio da súa casa
Publicado o 06/08/2019 11:42
A anciá rescatada do incendio da súa casa de Ourol hai cinco días segue hospitalizada pero evoluciona favorablemente.
A muller, de 93 anos de idade, foi salvada das lapas polo seu fillo, que puido sacala por unha ventá do inmoble. Segundo fontes do Hospital de Burela, a ferida mancouse na cabeza e nas pernas pero está fóra de perigo.
A Xunta de Galicia ofreceu unha vivenda social para a familia afectada polo incendio, porque o lume deixou a casa inhabitable.
O fillo da nonaxenaria tamén evoluciona favorablemente das feridas que se fixo nos pés cando conseguiu rescatar a súa nai.