CRTVG

Buscar

Evo Morales acepta o asilo en México, mentres a violencia e o caos toman Bolivia

Publicado o 12/11/2019 08:29

O ata agora presidente de Bolivia, Evo Morales, viaxa cara a México, país que lle ofreceu asilo político.
Mentres, a violencia e o caos toman Bolivia. As forzas Armadas están despregadas na rúa.

O ministro de Defensa dimitiu esta noite, negando que dese orde ningunha, dixo textualmente, de que os soldados empuñasen as armas contra o pobo.

A Organización de Estados Americanos, OEA, reunirase hoxe para analizar a situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019