CRTVG

Buscar

Evo Morales acode á marcha das Nais da Praza de Maio

Publicado o 27/12/2019 09:41

O ex-presidente de Bolivia Evo Morales participou en Bos Aires na tradicional marcha convocada polas Nais da Praza de Maio.

Morales leva desde hai dúas semanas na Arxentina como refuxiado político, tras a toma de posesión de Alberto Fernández como presidente do país.

O líder do Movemento ao Socialismo convocou os cargos do partido a unha reunión a próxima semana na Arxentina para elixir o candidato ás proximas eleccións en Bolivia.

Noticias web

27/12/2019