CRTVG

Buscar

Evita un choque frontal grazas á súa rápida reacción

Publicado o 13/10/2019 21:03

Ocorreu na PO-548 á altura do alto do Cordeiro, en Valga

Vaia susto o que levou un condutor en Valga cando de súpeto atopou un coche que lle viña de fronte. A súa rapidísima reacción evitou que os dous vehículos chocasen frontalmente. O condutor do primeiro dos turismos, que circulaba correctamente polo seu carril, tivo reflexos dabondo como para en canto viu que outro coche se lle viña enriba conseguir evitalo.

Os feitos sucederon este venres, na PO-548 á altura do concello pontevedrés de Valga, na zona coñecida como o alto do Cordeiro. O vehículo que invadiu o carril contrario escorouse cara á beiravía, ao mesmo tempo que o que circulaba correctamente daba un pequeno volantazo, conseguindo desta maneira evitar o impacto frontal. Foron décimas de segundo, pero a pericia de ambos os dous condutores conseguiu, desta volta, evitar o accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2019