CRTVG

Buscar

Evita que un condutor que triplicaba a taxa de alcol circulase en sentido contrario na autoestrada AP-9

Publicado o 13/09/2017 13:45

O condutor decidiu dar a volta na peaxe ao decatarse de que se confundira. Foi entón cando outro usuario baixou do seu coche, conseguiu que se detivese, e quitoulle as chaves do vehículo

Un usuario da autoestrada AP-9 puxo en risco a súa integridade física para evitar que un condutor cambiara o sentido da marcha na peaxe de Vilaboa. A incidencia tivo lugar de madrugada. Un veciño de Mos de 75 anos, decatouse na peaxe de que se dirixía erradamente á Coruña. Pese ás advertencias decidiu dar a volta cara a Vigo en sentido contrario. Foi entón cando outro usuario baixou do seu coche, conseguiu que se detivese, e quitoulle as chaves do vehículo. O condutor, investigado por condución temeraria, triplicaba a taxa de alcol. Tamén nas últimas horas a Garda Civil interceptou un camioneiro conducindo baixo os efectos das drogas, na estrada PO-53, á altura de Baión, en Vilanova. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017