CRTVG

Buscar

Evacúan unha familia polo incendio dun bar en Boiro e deteñen o seu propietario

Publicado o 21/10/2019 14:38

O lume declarouse pouco antes das 6 da mañá nun bar situado na rúa Bao de Boiro. Ao lugar deprazáronse unha dotación de bombeiros da localidade e outra de Ribeira.

A gran cantidade de fume obrigou a evacuar a familia residente no primeiro andar do edificio. Ao lugar desprazáronse unha dotación da Policía Local de Boiro e tamén a Garda Civil que procedeu á detención do xerente do negocio por resistencia e desobediencia.

Segundo varios veciños, que non quixeron falar aos medios, trátase dun mozo duns 35 anos, veciño do concello e moi coñecido na vila pola súa vinculación con locais de ocio nocturno. Tanto os veciños como fontes da investigación confirmaron que o mozo quedaba a durmir esporadicamente no local, que reabriu esta fin de semana tras estar pechado durante o verán. De feito algunhas fontes apuntan á presenza dun colchón no lugar onde se produciu o incendio.

A Policía Xudicial investiga agora a orixe do lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019