CRTVG

Buscar

Evacúan un matrimonio en Ponteareas por acumulación de monóxido de carbono na súa vivenda

Publicado o 09/01/2020 13:31

Filomena e Delfín tardarán en esquecer o susto que levaron esta noite despois de escoitar dúas fortes explosións na súa vivenda. As válvulas de seguridade da caldeira rebentaron e comezou a saír moita auga. Sucedeu en Paredes, no concello de Ponteareas.

Foron uns sobriños do matrimonio os que cortaron a auga e apartaron a leña que había no cuarto. Ata o lugar acudiron os bombeiros e realizaron medicións. No interior da vivenda había monóxido de carbono, polo que evacuaron o matrimonio. Marcharon á casa dunha curmá, pero ás poucas horas volveron ao domicilio e durmiron no anexo á vivenda principal.

Tras o susto e xa máis tranquilos, procederon a ventilar a vivenda durante toda a mañá para evitar máis sobresaltos.

Noticias web

09/01/2020