Evacúan un edificio en Oleiros a causa dun incendio
Publicado o 01/01/2021 12:00
En Oleiros un edificio de catro pisos tivo que ser desaloxado a primeira hora da mañá por mor dun incendio nunha das vivendas.
Segundo as primeiras investigacións o lume puido comezar no salón do piso e de ahí estendesue á cociña. Ao lugar desprazáronse os bombeiros de Arteixo, policía local e urxencias médicas que atenderon a catro veciños por episodios leves de insuficiencia respiratoria.
Non foi preciso ningún traslado hospitalario. Tras dos labores de ventilación do fume, os veciños puideron volver de novo á casa.