CRTVG

Buscar

Evacúan un edificio de Narón ao declararse un incendio nun restaurante chinés

Publicado o 22/02/2019 19:32

Veciños dun edificio de Narón tiveron que ser desaloxados a primeira hora da tarde a consecuencia dun incendio que se declarou nun restaurante chinés Os feitos sucederon arredor das dúas da tarde, cando se recibiu unha chamada no 112 alertando dun lume no restaurante chinés Shanghai, sito no número 162 da rúa Concepción Arenal. As lapas afectaron os primeiros andares do inmoble, o que obrigou ao desaloxo dos veciños. Tras a intervención dos bombeiros de Narón, o incendio quedou extinguido sen que houbese que lamentar danos persoais.
 

Noticias web

22/02/2019