Evacúan tres persoas na Coruña intoxicadas pola mala combustión dunha estufa
Publicado o 22/01/2020 14:35
Tres persoas quedaron intoxicadas esta madrugada nunha vivenda do barrio do Ventorrillo, na Coruña, debido ao mal funcionamento dunha estufa de queroseno.
Foi o 112 Galicia o que deu a alerta. Ata o lugar desprazáronse os equipos de emerxencias, que foron os que puideron confirmar a presenza de gases no interior do inmoble.
As tres persoas, membros da mesma familia, tiveron que ser trasladadas ao Complexo Universitario da Coruña para recibir atención médica.
Máis sobre A Coruña
05/03/2021 17:35
04/03/2021 21:48
04/03/2021 20:43