CRTVG

Buscar

Evacúan en helicóptero un home ferido tras tirarse dende unhas rochas na praia de Cabío

Publicado o 25/05/2020 21:18
Evacúan en helicóptero un home ferido tras tirarse dende unhas rochas na praia de Cabío

Primeiro día de praia tráxico en Cabío, na Pobra do Caramiñal. Un home caeu e lesionouse cando trataba de tirarse á auga dende unhas rochas. Os que o sacaron do mar dicían que estaba inmóbil, que non conseguía mover as pernas. Un helicóptero medicalizado trasladouno inmediatamente ao hospital. O accidente ocorreu pouco antes das cinco da tarde.

 

Noticias web

25/05/2020