CRTVG

Buscar

O lume de Gran Canaria está en fase de estabilización

Publicado o 21/08/2019 02:26

O incendio forestal de Gran Canaria, que afectou a unhas 10.000 hectáreas nun perímetro de 112 quilómetros, está en fase de estabilización e xa puideron regresar ás súas casas arredor de tres mil das dez mil persoas evacuadas. As autoridades esperan que hoxe continúen os realoxos.

O presidente autonómico, Ángel Víctor Torres, explicou en rolda de prensa acompañado da ministra de Defensa, Margarita Robles, que os diferentes flancos están contidos e que se traballa activamente nos puntos máis conflitivos. O que segue ardendo é o pinar de Tamadaba malia que, segundo o xefe de Emerxencias do Cabido, as lapas respetaron bastante arboreda e o nivel de gravidade non é tanto como se pensara; di Federico Grillo que esa é "unha moi boa nova", aclarando que iso "non quere dicir que non haxa danos e que siga sendo un desastre, pero non un desastre cun lume de alta intensidade como se supoñía". Un e outro amosáronse esperanzados en que os efectivos de loita contra as lapas poidan avanzar "moito" ó longo desta xornada de mércores pero chaman á cautela porque "hai que rematar o traballo para evitar que a besta volva espertar".

Hoxe prevese que visite a illa o presidente do PP, Pablo Casado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019