CRTVG

Buscar

Evacúan dúas traballadoras por un incendio nas oficinas de Recadación do Concello de Santiago

Publicado o 14/05/2021 21:15

Susto entre os veciños do barrio compostelán de Galeras por un incendio que se produciu na tarde deste venres. O lume comezou, por causas aínda descoñecidas, contra as catro e cuarto nas oficinas do servizo de Recadación do Concello.

Segundo os bombeiros foi necesario evacuar dúas traballadoras que se atopaban no segundo andar do edificio. Os labores de extinción prolongáronse durante pouco máis dunha hora. 

Noticias web

14/05/2021