CRTVG

Buscar

Un incendio en Pontevedra deixa tres edificios afectados e dous bares con danos

Publicado o 28/01/2019 11:04

Dous edificios e dous bares foron desaloxados por mor dun incendio orixinado en Campolongo, Pontevedra. A gran fumareda era visibe dende moitos puntos da cidade. 

O lume comezou pasada a unha da tarde e, segundo os primeiros datos, puido iniciarse na grella dun bar situado no interior dun patio de luces. As lapas estendéronse con gran rapidez pola fachada traseira, o que provocou o estoupido de persianas e a rotura de cristais.

Ante a rapidez da evacuación, os veciños non colleron roupa de abrigo e o 061 repartiu mantas. Os bombeiros lograron extinguir o lume e acto seguido realizaron unha inspección exhaustiva do edificio. 

Os residentes do edificio da rúa María Victoria Moreno puideron regresar ás súas vivendas ,mentres que cinco veciños do número 3 de Alfonso X  foron realoxados porque os bombeiros consideraron que as súas vivendas eran inhabitables. Instaláronse en casa de familiares e amigos, mentres que unha familia foi para un albergue.

Ademais dos bombeiros, acudiu a Policía Local e Nacional e unha ambulancia do 061. Non houbo danos persoais.

Noticias web

28/01/2019