CRTVG

Buscar

Evacúan a cidade italiana de Brindisi para desactivar unha bomba da II Guerra Mundial

Publicado o 16/12/2019 10:42

Evacuación masiva na cidade italiana de Brindisi por unha bomba da Segunda Guerra Mundial. Foron unhas 54.000 persoas as evacuadas, case o 60% da poboación, para permitir a desactivación dunha bomba británica de 1941.

Cun peso de máis de 200 quilos contiña 40 de explosivos. Atopárona dentro dun cinema, durante unhas obras. Pecharon o aeroporto e a estación do tren, as estradas e evacuron dous hospitalais e unha prisión. Participaron mil policías e centos de voluntarios de Protección Civil.

 

Noticias web

16/12/2019