CRTVG

Buscar

Evacuados dous parques de atraccións en California pola proximidade dun incendio forestal

Publicado o 10/06/2019 13:01

Dous parques de atraccións de California foron evacuados preventivamente pola proximidade dun incendio forestal declarado preto da cidade dos Ánxeles, ao sur deste estado estadounidense.

Un centenar de bombeiros e 12 vehículos contra o lume traballan na extinción do incendio, que arrasou xa máis de 40 hectáreas de terreo.

Varias estradas próximas ao perímetro do incendio tiveron que ser pechadas temporalmente ao tráfico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019