CRTVG

Buscar

Evacuados 4.500 habitantes nas Bahamas das zonas arrasadas polo furacán

Publicado o 10/09/2019 15:13

Unha semana despois de que o furacán Dorian arrasara as Bahamas, preto de 4.500 persoas foron xa evacuadas. A cifra oficial de mortos mantense en 45, pero seguen aparecendo corpos atrapados entre as casas derrubadas polo furacán.

Centos de persoas permanecen desaparecidas e 70.000 non teñen vivenda, polo que as autoridades estudan levantar refuxios provisorios para acollelas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019