CRTVG

Buscar

Evacuadas 28 persoas polo colapso dun muro de contención nas Palmas

Publicado o 11/04/2019 15:40

O colapso dun muro de contención obrigou a evacuar a 28 veciños dun edificio das Palmas de Gran Canaria.

Á espera do informe dos técnicos municipais, o derrubamento puido deberse a un embolsamento de auga causado polas chuvia caída recentemente sobre a capital canaria.

A derruba obrigou a pechar ao tráfico unha das rúas da cidade.

Noticias web

11/04/2019