CRTVG

Buscar

O forte vento complica as tarefas de extinción do incendio en Gran Canaria

Publicado o 12/08/2019 21:02

Continúa de momento sen control o incendio forestal que afecta o cumio da illa de Gran Canaria desde o sábado. Leva queimadas, desde aquela, 1.500 hectáreas. Os labores de extinción estanse vendo moi dificultados polo vento forte que se rexistra na zona.           

O lume segue dentro dun perímetro de 23 quilómetros. O punto mais complicado está na cabeza, cinco quilometros activos, descontrolados, entre dous municipios con mais de 4000 habitantes. Barrios enteiros tiveron que ser evacuados. 13 medios aéreos tratan de sufocar o lume, con moitas dificultades pola intensidade do vento que chegou a acadar refachos de ata 70 km por hora. As previsións poden mesmo empeorar a situación.

Desde o sábado, este incendio leva arrasadas mais de 1500 hectáreas e obrigou a pechar varias estradas da illa.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019