CRTVG

Buscar

Eva Solla: "Se os presupostos son éstes, non imos poder apoiar as contas do PSOE"

Publicado o 17/01/2019 15:48

Marcos Sueiro conversa esta mañá no tempo da entrevista con Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia.

Preacordo entre alcoa e os traballadores.

"É insuflar un pouco de aire grazas a ese empeño por parte dos traballadores da fábrica que durante todos estes meses levan mantido unha protesta continuada en defensa dos postos de traballo. Dende logo se se consegue esa ampliación de prazo é grazas a esa loita."

"A ministra de Industria, lonxe de asustarse, debería pórse a traballar para garantir o emprego industrial, e non pasar. No noso país estamos perdendo as fábricas importantes, a industria do noso país, a produción enerxética ten problemas, hoxe amenciamos con esa nova relacionada con Naturgy, de Meirama, que tén impacto en Galicia."

"A Constitución contempla no artigo 128 a necesidade de manter os sectores estratéxicos que neste momento se atopan en situación de monopolio (...) ademáis Alcoa era previamente unha empresa pública. Estamos perdendo todo o noso patrimonio. Entendemos que é perfectamente viable".

Orzamentos do Estado

"Eu concordo cen por cento [con Yolanda Díaz]. -A realidade é que se as únicas melloras que hai nos orzamentos en materia social son conqueridas en base a negociación que En Marea e o resto de partidos de 'Unidos Podemos' tivo en momentos previos co propio Goberno, en materia de investimentos territorializados en Galicia é un auténtico fracaso a presntación destes orzamentos. É un orzamento pequeno para as necesidades que tén o país e que consolida, ademáis, os recortes aplicados no orzamento por parte do PP nos anos previos. (...) Se os orzamentos finalizan así non imos poder apoiar as contas do PSOE".

"Parece difícil asumir que os deputados do PSOE ou de calquera outro grupo estén dacordo con estes orzamentos, cando os orzamentos previos do PP tiñan unhas contas moi semellantes."

Prioridades en Galicia para 'En Marea' e 'Podemos'

Se un ve con detemento os orzamentos, fundamentalmente hai un problema no investimento co que tén que ver coas infraestructuras , e hai que engadirlle que temos perdido entorno a 800 millóns de euros desde 2011 en base a orzamentos previos, quedan lonxe de investir en infraestructuras que vertebren o país, o ferrocarril, pero tamén treitos de estradas, o ferocarril do norte... os orzamentos non conteñen partidas que poidan satisfacer as necesidades".


Autovia Lugo-Santiago

Vai ser difícil que se acabe a autovía Lugo-Santiago á vista das contas dos anos previos e tamén de execución orzamentaria. Non só hai que por orzamentos, tamén os hai que executalos. Levamos a enésima inauguración de treitos pero na práctica non hai unha implicación dos diferentes gobernos que pasaron polo poder para poñelas en marcha."

As peaxes da AP-9

"Nós defendemos que non lle supoña un euro de gasto ás arcas galegas. Levamos pagando peaxes anos e anos ... está máis que pagada a AP 9. E nós entendemos que debería acabar en mans públicas, como aconteceu con outros viais da rede pública do Estado e que foron nacionalizados sen ningún tipo de complexos polo goberno."

Axenda Gaalega do Cambio

"O goberno central debería rectificar porque se non non entendemos, porque parecía que existía certo compromiso, e Galicia queda relegada a un dos últimos postos, e unha das comunidades autónomas que sae peor parada nese proxecto de orzamentos. Si houbo reflexo das negociacións no salario mínimo interprofesional, por exemplo, pero non hai reflexo no investimento territorializado.

Situación de 'En Marea'

Dixemos desde un principio que a parálise das votacións sen ningún motivo moi moi pouco responsable, igual que ter calumniado e difamado a compañeiros nos medios de comunicación, sin aportar nin un só papel que xustificara esa realidade. Entendiamos que o proceso carecía de garantía democrática e moi lonxe das aspiracións que sería dun proxecto de esquerdas."

"Esquerda Unida sempre estivo diferenciada de 'En Marea', de feito en 2015 'En Marea' non existía. Nos sabemos o que ímos facer nas municipais, pero non sabemos o que vai facer 'En Marea'; nos temos aprovada a nosa folla de ruta desde hai un ano."

Voceiro de 'En Marea' no Parlamento

"Despois do que acaba de acontecer, un pouco de humildade tamén lle viría ben (a Villares) á hora de asumir a súa tarefa. Non basta só con sentirse seguro, se non que tamén tén que poñer da súa parte e non fixar as responsabilidades nos demais. A responsabilidade é del de representarnos a todas."

"A realidade é que non hai ningún debate aberto. Non nos sentamos a falar nada. (...) O que vai facer o partido de 'En Marea' haberá que preguntarllo a eles. (...) Nós repondemos pola nosa organización. É dificil entender que se apele á participación das organizacións dentro do partido [desde En Marea] e despois se nos impida participar.

"As Mareas municipais temos a responsabilidade de tecer alianzas, eso xa se evidenciou nesa candidatura que ao final non puido haber un transcurso normal, desas primarias de 'En Marea'."

























 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019