CRTVG

Buscar

Eva Solla: "Se os orzamentos do Estado son estes non imos poder apoiar as contas do PSOE"

Publicado o 16/01/2019 17:44

Marcos Sueiro conversa esta mañá no tempo da entrevista con Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia.

Preacordo entre alcoa e os traballadores.

"É insuflar un pouco de aire grazas a ese empeño por parte dos traballadores da fábrica que durante todos estes meses levan mantido unha protesta continuada en defensa dos postos de traballo. Dende logo, se se consegue esa ampliación de prazo é grazas a esa loita".

"A ministra de Industria, lonxe de asustarse, debería poñerse a traballar para garantir o emprego industrial e non pasar. No noso país estamos perdendo as fábricas importantes, a industria do noso país, a produción enerxética ten problemas, hoxe amenciamos con esa nova relacionada con Naturgy, de Meirama, que ten impacto en Galicia".

"A Constitución contempla no artigo 128 a necesidade de manter os sectores estratéxicos que neste momento se atopan en situación de monopolio (...), ademais, Alcoa era previamente unha empresa pública. Estamos perdendo todo o noso patrimonio. Entendemos que é perfectamente viable".

Orzamentos do Estado

"Eu concordo cen por cento [con Yolanda Díaz]. A realidade é que se as únicas melloras que hai nos orzamentos en materia social son conqueridas en base a negociación que En Marea e o resto de partidos de Unidos Podemos tivo en momentos previos co propio Goberno, en materia de investimentos territorializados en Galicia é un auténtico fracaso a presntación destes orzamentos. É un orzamento pequeno para as necesidades que ten o país e que consolida, ademais, os recortes aplicados no orzamento por parte do PP nos anos previos. (...) Se os orzamentos finalizan así non imos poder apoiar as contas do PSOE".

"Parece difícil asumir que os deputados do PSOE ou de calquera outro grupo estean de acordo con estes orzamentos, cando os orzamentos previos do PP tiñan unhas contas moi semellantes".

Prioridades para En Marea e Esquerda Unida

Se un ve con detemento os orzamentos, fundamentalmente hai un problema no investimento co que ten que ver coas infraestruturas, e hai que engadirlle que perdemos arredor de 800 millóns de euros desde 2011 en base a orzamentos previos, quedan lonxe de investir en infraestruturas que vertebren o país, o ferrocarril, pero tamén treitos de estradas, o ferocarril do norte... os orzamentos non conteñen partidas que poidan satisfacer as necesidades".


Autovía Lugo-Santiago

Vai ser difícil que se acabe a autovía Lugo-Santiago á vista das contas dos anos previos e tamén de execución orzamentaria. Non só hai que por orzamentos, tamén os hai que executalos. Levamos a enésima inauguración de treitos pero na práctica non hai unha implicación dos diferentes gobernos que pasaron polo poder para poñelas en marcha".

As peaxes da AP-9

"Nós defendemos que non lle supoña un euro de gasto ás arcas galegas. Levamos pagando peaxes anos e anos... está máis que pagada a AP-9. E nós entendemos que debería acabar en mans públicas, como aconteceu con outras vías da rede pública do Estado e que foron nacionalizadas sen ningún tipo de complexos polo Goberno".

Axenda Galega do Cambio

"O Goberno central debería rectificar porque se non non entendemos, porque parecía que existía certo compromiso, e Galicia queda relegada a un dos últimos postos, e unha das comunidades autónomas que sae peor parada nese proxecto de orzamentos. Si houbo reflexo das negociacións no salario mínimo interprofesional, por exemplo, pero non hai reflexo no investimento territorializado".

Situación de En Marea

"Dixemos desde un principio que a parálise das votacións sen ningún motivo foi moi pouco responsable, igual que calumniar e difamar compañeiros nos medios de comunicación, sin achegar nin un só papel que xustificase esa realidade. Entendiamos que o proceso carecía de garantía democrática e moi lonxe das aspiracións que sería dun proxecto de esquerdas".

"Esquerda Unida sempre estivo diferenciada de En Marea, de feito, en 2015 En Marea non existía. Nós sabemos o que imos facer nas municipais, pero non sabemos o que vai facer En Marea; nós temos aprobada a nosa folla de ruta desde hai un ano".

Voceiro de En Marea no Parlamento

"Despois do que acaba de acontecer, un pouco de humildade tamén lle viría ben (a Villares) á hora de asumir a súa tarefa. Non basta só con sentirse seguro, senón que tamén ten que poñer da súa parte e non fixar as responsabilidades nos demais. A responsabilidade é del de representarnos a todas".

"A realidade é que non hai ningún debate aberto. Non sentamos a falar nada. (...) O que vai facer o partido de En Marea haberá que preguntarllo a eles. (...) Nós repondemos pola nosa organización. É dificil entender que se apele á participación das organizacións dentro do partido [desde En Marea] e despois se nos impida participar".

"As mareas municipais temos a responsabilidade de tecer alianzas, iso xa se evidenciou nesa candidatura que ao final non puido haber un transcurso normal, desas primarias de En Marea".

























 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019