CRTVG

Buscar

Eva Solla preséntase ás primarias de EU para ser candidata á Xunta

Publicado o 23/09/2019 14:59

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, competirá en primarias para ser candidata á Xunta. De momento só se presentou ela. Sobre posibles pactos, Eva Solla amósase disposta a reeditar unha coalición similar á de En Marea con outros partidos. 

"Esquerda Unida defende, por suposto, a confluencia. O importante para nós é poder ter os deberes feitos como organización para comezarnos a sentar e construír e armar unha candidatura, se é posible, coa maior parte dos actores cos que vimos traballando nos últimos anos", asegura Eva Solla.

 

Noticias web

23/09/2019