CRTVG

Buscar

Eva Solla agarda un acordo co resto de forzas de En Marea para presentarse unidos ás eleccións autonómicas

Publicado o 06/06/2019 19:04

Aquí en Galicia, a líder de Esquerda Unida agarda chegar a acordo co resto de forzas de En Marea para presentarse unidos ás eleccións autonómicas. Tamén para designar o seu senador autonómico, nomeamento, agora paralizado, que provocou o último desencontro entre Luís Villares e o sector crítico.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida: "O importante é que cheguemos a un acordo o máis amplo posible dentro do grupo. Para non deternos neses debates estériles, o que temos que facer é poñer a mirada longa, estamos traballando para algo moitísimo máis importante".

 

Noticias web

06/06/2019