CRTVG

Buscar

Eva Pena e Mª Jesús Fortes: "Foi un privilexio atopar estes manuscritos de Concepción Arenal no museo de Pontevedra"

Publicado o 04/02/2021 17:22

María Jesús Fortes e Eva Pena son as transcritoras dos manuscritos de Concepción Arenal que acaban de ser publicados polo museo de Pontevedra co título 'Concepción Arenal. Obra dramática'. Desta forma a institución súmase á celebración do segundo centanario da autora. 

A obra recolle manuscritos orixinais de oito pezas de teatro en verso que falan do sentido da honra, o perdón, a redención, a fidelidade, ou o difícil papel da muller da época.

Noticias web

04/02/2021