CRTVG

Buscar

Eva e Raúl, os galegos coas mellores notas na ABAU, estudarán na USC

Publicado o 20/07/2020 17:01

E contámoslles agora a historia de Eva e Raúl, os dous son de ciencias e os dous teñen claro que queren estudar na Universidade de Santiago. Ata aquí, todo normal. Pero Eva e Raúl son extraordinarios, acadaron a primeira e segunda mellor nota de Galicia na ABAU, a nova selectividade. Sempre foron bos estudantes, pero recoñecen que a nota os sorprendeu.

Pasea por Ribeira xa de merecidas vacacións, pero Raúl Ríos, a nota máis alta de Galicia na Abau, 13,920 sobre 14, é de Ordes. Alí estudou o bacharelato de ciencias cun moi bo expediente, aínda así non esperaba ser o mellor na nova selectividade.

Coa súa nota ten claro que podería estudar en calquera universidade de España, pero quere quedar na USC. Primeiro pensou facer Filosofía, aínda que tras a covid-19 cambiou de idea.

Tamén quere estudar aquí na universidade a segunda mellor nota da Abau, Eva Sanmartín, de Vilalba. Pensa que vai optar pola Bioquímica, pero ten dúbidas.

Tanto unha como o outro van agora dedicar tempo ás suas afeccións, ler, facer deporte, e o que máis desexan é que no seu primeiro curso como universitarios poidan asistir presencialmente ás clases.

Noticias web

20/07/2020