CRTVG

Buscar

Euskaltel fusionará Telecable e R nunha única sociedade

Publicado o 14/03/2019 18:03
Euskaltel fusionará Telecable e R nunha única sociedade

O Grupo Euskaltel fusionará Telecable, a súa marca en Asturias, e R, a súa marca en Galicia, coa intención de garantir unha maior competitividade da compañía, segundo informou a empresa.

Aseguran que permitirá "unificar procesos de traballo e maximizar sinerxías baixo unha mesma sociedade", así como a explotación de ambas marcas nos seus mercados orixinarios e de expansión.

 A nova R e Telecable seguirán tributando, como ata agora, tanto en Galicia como en Asturias. 

Noticias web

14/03/2019