CRTVG

Buscar

Euskadi, Cantabria e Cataluña entran na nova normalidade

Publicado o 19/06/2020 14:47

Con este acto simbólico, os presidentes de País Vasco e Cantabria celebraron a reapertura da súa fronteira común, lembrando que rematou o estado de alarma pero non o risco. Nesta primeira xornada prevense xa 43.000 desprazamentos entre Euskadi e Cantabria, polo que se preparou un dispositivo especial de tráfico.

Adiántanse 48 horas ao resto de España, igual que Cataluña. O resto das comunidades van preparando as súas normas que rexerán dende o domingo. Polo xeral, menos capacidade nos espazos públicos, regulación para acceder ás praias e parques infantís e límites ás festas populares e verbenas. O obxectivo é común: un verán tranquilo e seguro para evitar novos rebrotes.

Noticias web

19/06/2020