CRTVG

Buscar

Eusebio volve a Balaídos

Publicado o 19/04/2019 19:51

Este sábado volve a Balaídos un vello coñecido. Hai 10 anos destas imaxes, Eusebio Sacristán asumía o seu primeiro reto como adestrador: dirixir ao Celta, entón na Segunda. Naqueles anos de economía de guerra, Eusebio mirou con decisión cara a canteira. Agora como técnico do Xirona mira atrás: "As lembranzas de todo o que vivín están aí pero agora o momento é diferente, é outro"

Porque nin o Celta nin o Xirona están para sentimentalismos. A permanencia está en xogo e como sinala o técnico, están en xogo "tres puntos moi importantes, estamos ante a posibilidade sumarmos puntos que nos acheguen ao noso obxectivo de maneira moi importante"

Eusebio atopará convertidos en referencia do celtismo a dous canteiráns polos que apostou hai unha década. Hugo Mallo e Iago Aspas, un xogador que os cataláns vixiarán:  "Ter en conta o desequilibrio que Iago provoca co seu xogo, cos seus movementos, coa súa intelixencia para se colocar no campo e para tomar boas decisións", sinala Eusebio

Aquel rapaz que soñaba con saltar ao primeiro equipo é xa unha estrela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/04/2019