CRTVG

Buscar

Europa teme que escasee o gas no inverno e aínda sexa máis caro

Publicado o 15/09/2021 15:09

En Bruxelas xa analizan a letra pequena das medidas que aprobou España sobre a suba da luz. Quere asegurarse de que cumpren coas normas comunitarias. Ademais, en Europa estase estendendo o temor a outra suba: a do gas. De feito xa se baralla que no inverno poida escasear a subministración. 

En paralelo, o prezo do gas tamén supera récords nos mercados europeos tras subir un 21 por cento a primeiros de setembro. Esta suba explícase en boa medida pola escaseza deste recurso, algo que preocupa en Europa, que teme unha crise enerxética este inverno.

Noticias web

15/09/2021