CRTVG

Buscar

Europa reforza as restrición para reducir os contaxios

Publicado o 02/11/2020 14:38

Toque de recollida ás seis da tarde, peche dos centros comerciais as fins de semana e prohibir a mobilidade entre rexións agás por motivos xustificados son algunhas das medidas que podería adoptar o Goberno de Italia para dobregar a curva de contaxios.

A intención do executivo de Giuseppe Conte é aumentar as restricións evitando prexudicar o menos posible a actividade económica.

Propietarios e empregados da hostalería, un dos sectores máis afectados por estas medidas, volvéronse manifestar na praza do Pobo de Roma para esixir axudas públicas. "Pero tamén esiximos que nos dean esperanza de que nun futuro próximo poderemos reabrir, volver contratar e coidar dos nosos empregados."Con dous mil novos contaxios nas últimas 24 horas,

Alemaña prepárase para afrontar o pico desta segunda onda da pandemia dentro de dúas semanas. Nos módulos de críticos alemás hai ingresados dous mil pacientes covid, pero aínda dispoñen de oito mil camas libres das 29.000 totais.

"Estanse establecendo unha serie de protocolos polos que se pecharán algunhas plantas e fortalecerase o persoal de UCI ou que teña capacidade de manexar respiradores ante os posibles casos que poidan vir". Maior presión soportan os hospitais de Austria, onde os enfermos de covid ingresados en UCI aumentaron un 78 por cento nunha semana.

Para evitar o colapso do sistema sanitario, o país centroeuropeo entra este martes nun segundo confinamento con toque de recollida entre as oito da tarde e as 6 da mañá e peche de todas as actividades de ocio, bares, restaurantes e hoteis.

Noticias web

02/11/2020