Europa quere recibir este verán turistas estadounidenses vacinados
Publicado o 26/04/2021 15:08
Europa quere recibir este verán os turistas estadounidenses que estean vacinados. Anunciouno a presidenta da Comisión Europea. Ursula Von der Leyen dixo que os 27 estados membros aceptarán incondicionalmente os viaxeiros que estean inmunizados con vacinas aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento, é dicir, as de Pfizer, Moderna e Janssen. Isto abriríalles as portas aos turistas estadounidenses.
A presidenta do executivo comunitario non quixo poñer data, pero apuntou que os Estados Unidos van camiño de alcanzar a inmunidade a mediados de xuño, coa vacinación do 70% da poboación adulta, polo que Europa podería volver recibilos no verán.