Europa investiga posibles relacións da vacina de Janssen con trombos
Publicado o 10/04/2021 09:02
Con todas as dúbidas sobre a vacina de AstraZeneca moi presentes no continente, a Axencia Europea do Medicamento abre unha nova investigación por trombos sanguíneos.
Neste caso aconteceron nos Estados Unidos e poderían afectar a vacina de Janssen, que aínda non comezou a subministrarse aos diferentes países europeos. Trátase de catro casos serios de tromboses sanguíneas, un durante as probas clínicas do fármaco de Janssen e os outros tres logo de que as persoas recibiran a vacina. Descoñécese se hai unha relación de causalidade.
Os tres casos rexistrados polo de agora entre os vacinados norteamericanos serían estatisticamente moi pouco significativos. Nos Estados Unidos xa se administraron 5 millóns de doses.