CRTVG

Buscar

Europa empeora os datos do coronavirus e endurece as restricións

Publicado o 13/10/2020 15:22

Europa afronta semanas complicadas contra a covid-19. Esta segunda vaga de coronavirus está desbordando boa parte de Europa.

Bélxica xa é o segundo país con máis incidencia do virus, despois da República Checa. Para tentar frear o avance da pandemia, o Goberno belga aplica esta noite novas restricións, que inclúen o toque de recollida en dúas provincias. Na capital, en Bruxelas, os contaxios dispáranse. Rexistra 759 casos por cada 100.000 habitantes. 

Na República Checa ordenouse o peche de colexios, bares e restaurantes ata o próximo 3 de novembro. O Reino Unido estrea mañá novas restricións e Francia e Italia empeoran os datos de contaxios.

Noticias web

13/10/2020