CRTVG

Buscar

Europa eloxia a saúde bancaria española

Publicado o 16/04/2018 20:43

A Comisión Europea e o Banco Central Europeo eloxian a boa saúde da banca española. 

As institucións comunitarias aseguran que, exceptuando o caso do Popular, os bancos españois levan varios trimestres de rendibilidade continuada, baixaron a morosidade a cotas próximas á media europea e aumentaron as súas provisións de liquidez. É a novena revisión que fai Europa das entidades españolas, unha supervisión que se manterá ata que España devolva o 75% do rescate bancario.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018