Europa ditamina que os "auténticos" pementos de Padrón son os de Herbón
Publicado o 06/10/2021 09:24
Os auténticos pementos de Padrón son os de Herbón. Así o decidiu a Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea, que resolve o conflito entre o Concello de Padrón e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón.
Con esta resolución, a totalidade do concello non poderá utilizar a marca de "Padrón auténtico" para os seus pementos porque sería un engano para os consumidores.
Polo tanto, poderase incluír a palabra "Padrón", porque é unha variedade de pemento, pero non "auténtico", que é o que o relaciona co produto recollido pola denominación de orixe protexida.