CRTVG

Buscar

Europa debate sobre o pasaporte de vacinación da covid

Publicado o 25/02/2021 15:00

Das vacinas falarán os xefes de Estado da Unión Europea nun cumio virtual en que van abordar os atrasos nas entregas das farmacéuticas. Van debater tamén sobre o chamado pasaporte de vacinación.

É un debate que queren acelerar os países máis dependentes do turismo, como España ou Grecia. Ese pasaporte facilitaría o turismo con vistas ao verán. Con todo, o certificado de vacinación xera moitas dúbidas noutros países. Consideran que podería restrinxir dereitos e liberdades. Francia ou Alemaña, por exemplo, cren que é precipitado.

Piden agardar a coñecer o impacto das vacinas na transmisión do virus. Este será o outro asunto do cumio, os atrasos nos plans de vacinación que están xerando os incumprimentos nas entregas dos laboratorios.

Noticias web

25/02/2021