CRTVG

Buscar

Europa dá o primeiro paso para romper o acordo nuclear con Irán

Publicado o 14/01/2020 19:41

Chamada de atención de Alemaña, Francia e o Reino Unido a Irán para que cumpra co pacto nuclear. Os 3 países europeos que en 2015 asinaron o acordo coa república islámica activaron por primeira vez o mecanismo de resolución de disputas.

"Irán socavou os obxectivos do acordo, o que queremos é que volva ao vieiro diplomático, explicaba un dos signatarios", o ministro de Exteriores británico Philip Raab.

A paciencia europea esgótase despois de que Teherán sobrepasara nos últimos meses os límites pactados de enriquecimento de uranio e comezara a empregar maquinaria prohibida polo acordo. A gota que colmou o vaso chegou o pasado día 5: en medio da conmoción polo asasinato a mans estadounidenses do xeneral Soleimani, o réxime anunciaba que ignoraría calquera restrición no seu programa atómico.

Agora, o réxime ten 35 días para volver ao pactado ou enfrontarse a unha máis que probable reimposición das sancións. É o segundo golpe que sofre o pacto nuclear, despois de que Donald Trump retirara del os Estados Unidos en 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020