CRTVG

Buscar

Europa busca unha resposta coordinada ante a nova cepa da covid-19

Publicado o 21/12/2020 14:50

A cepa da covid nova, descuberta no Reino Unido, fixo activar as alarmas en toda Europa. Os primeiros estudos semellan confirmar que é ata un 70 % máis contaxiosa, aínda que os que se contaxian non desenvolven infeccións máis graves.

Este mañá reuníronse de urxencia os 27 para tratar de buscar unha resposta común. Queren activar un protocolo sanitario sólido para poder reabrir as viaxes co Reino Unido, que suspenderon case todos os países por precaución.

No Reino Unido son moitos os que intentan facer as viaxes que tiñan programadas antes de que máis países endurezan as medidas.

Chegar a Europa continental cruzando polo eurotúnel tampouco é unha opción porque as fronteiras de Francia están pechadas. Hai milleiros de camións bloqueados. Pasan por aí cada día uns 10.000, moitos deles españois.

Noticias web

21/12/2020