CRTVG

Buscar

Europa blíndase á chegada de viaxeiros da India e España agarda ao 1 de maio para implantar medidas

Publicado o 29/04/2021 16:15

Europa busca blindarse para evitar a extensión da variante india da covid-19. Como medida de contención, varios países europeos xa teñen restricións para os viaxeiros que chegan da India. En España, a corentena obrigatoria non entrará en vigor ata o sábado, 1 de maio. Así que, polo momento, os aeroportos seguen aberto para os viaxeiros procedentes da India.

Alemaña, Francia, o Reino Unido ou Italia xa aplican restricións aos viaxeiros procedentes da India. En España haberá que agardar ata as cero horas do día un de maio.

Os viaxeiros procedentes da India deberán gardar unha corentena de dez días. A medida estará en vigor durante dúas semanas e poderá prorrogarse.

España continúa esixindo PCR negativas para entrar a viaxeiros procedentes da maioria de paises. Pero o control unha vez en territorio español é aleatorio.

Son os propios viaxeiros os que detectan que os controis non son moi estritos. Nos tempos que corren, toda precaución é pouca.