CRTVG

Buscar

Europa achega case un terzo dos casos diarios de covid-19 rexistrados no mundo, segundo a OMS

Publicado o 12/10/2020 09:55

Europa achega xa case un terzo dos casos diarios de covid-19 rexistrados no mundo nos últimos días, segundo a Organización Mundial da Saúde.

O coronavirus golpea as grandes cidades europeas e as autoridades optaron por limitar a vida social e a actividade nocturna para intentar frear a súa expansión. Por exemplo, xa hai oito cidades francesas nesa situación, sen bares nin cafés abertos. E tamén nos barrios máis céntricos de Berlín.

Son medidas drásticas ante as cifras de novos contaxios que alcanzan niveis récord, comparables xa nalgúns países cos da primeira onda.

Lideran o aumento dos casos a República Checa, con máis de 8.600 este sábado, que xa valora un novo confinamento total, e os Países Baixos, con 34.000 contaxios nunha semana.

Italia achégase tamén ás cifras de marzo e no Reino Unido baixan os positivos, pero aumentaron os falecidos, e o Goberno prepara novas restricións.

Noticias web

12/10/2020